SETE PUNTOS NEGROS
SOBRE FONDO VERMELLO
Pulsa na xoaniña para a presentación multimedia
Sete
fiestras abertas á outra realidade,
sete relatos escuros,
sete puntos negros
sobre o fondo sanguinolento
dunha xoaniña da boa suerte.
Que sutil paradoxo!
Pulsa na imaxe para ler o primeiro dos contos
Publica
Tras da túa memoria, baixo da
túa cama, nese espello que te observa, dentro do armario quizais, trala porta,
no faiado, acubillados no soto… Onde se agochan, querido lector, os teus medos?
Cando pechas as pálpebras
os teus ollos latexan,
porque se abren as fiestras
do teu subconsciente.
Entón é cando penetras
nese mundo escondido
da outra beira do espello.
Outros cinco sentidos
do teu ser incorpóreo
fan que trema a túa lóxica.
Sobreveñen os medos,
as dúbidas, as fobias…
Non sexas inocente
rexeitando esas cousas.
Acaso non sabes
que non hai negro sen branco,
maldade sen bondade que a borre
ou derrota sen gloria?
os teus ollos latexan,
porque se abren as fiestras
do teu subconsciente.
Entón é cando penetras
nese mundo escondido
da outra beira do espello.
Outros cinco sentidos
do teu ser incorpóreo
fan que trema a túa lóxica.
Sobreveñen os medos,
as dúbidas, as fobias…
Non sexas inocente
rexeitando esas cousas.
Acaso non sabes
que non hai negro sen branco,
maldade sen bondade que a borre
ou derrota sen gloria?
No hay comentarios:
Publicar un comentario