CÓNTAME

UN CONTO CUÁNTICO

Preme na imaxe para ler un fragmento

-

    Vouvos contar, meus amigos, miñas amigas, un conto cuántico. Non quero con el asustarvos; sabedor de que a simple mención das palabras mecánica e cuántica espertan case sempre no lector ou no oínte –se son sincero, tamén en min mesmo– unha sensación instintiva de rexeitamento cara ao descoñecido por percibilo inintelixible ou inescrutable. Nada máis lonxe da miña intención que suscitar en vós tal sensación de desamparo. En efecto, o mundo cuántico é acredor dos cualificativos anteriores e doutros moitos, acuñados a partir de impresións parecidas; pero é tamén un universo cheo de estraña simplicidade, de sentido común que en ocasións se opón paradoxalmente aos sentidos físicos, de fermosura matemática, de simetría adaptada á imperfección da realidade.

    O meu conto empeza en min mesmo, un ser humano como calquera dos que habitan o planeta Terra; un ser, entón, con intelixencia, imaxinación, sensacións, intuición e... fantasía. E na fantasía do meu conto podo inventar nun instante un amigo invisible co que falar e compartir pensamentos; unha partícula elemental que, aproveitando as súas propiedades de ente cuántico, poida explicar desde dentro o estraño mundo no que vive.

    El acompañarame dende agora, permitíndome así contarvos como transcorreron as cousas dende os albores da historia ata o noso presente; presente no que multitude de fenómenos unicamente esta teoría perturbadora e misteriosa é quen de explicar. Estes fenómenos acompáñannos onde queira que imos, forman parte da nosa vida cotiá, sonnos indispensables. Nos seus fundamentos non reparamos nunca porque, realmente, non nos fai ningunha falta.

Estes enlaces son un bo complemento da lectura

A esencia da mecánica cuántica

El tamiz. Cuántica sin fórmulas

 O experimento da dobre fenda

Materia a antimateria

Partículas  cuánticas

A catro forzas da natureza

A partícula de Higgs

Máis alá do modelo estándar

O gato de Schrödinger

Paradoxo de Einstein-Podolsky-Rosen

A desigualdade de Bell

Interpretacións da mecánica cuántica

Para que serve a mecánica cuántica?


No hay comentarios:

Publicar un comentario